A Xunta Directiva da Agrupación Galega de Arquitectos Municipais, na súa reunión do pasado 31 de xaneiro de 2011, celebrada na Sede colexial en Santiago de Compostela, adoptou entre outros o seguinte acordo:
Convocar Asemblea Xeral Ordinaria para o luns 25 de abril de 2011, no Salón de Actos da Sede Colexial en Santiago de Compostela, as 19:00 e 19:30 en primeira e segunda convocatoria respectivamente, de acordo co seguinte Orde do día:
Punto 1.- Presentación.
Punto 2.- Datos de Altas, listado de Membros, e datos estatísticos da Agrupación.
Punto 3.- Informe do Presidente da AGAM.
Punto 4.- Informe do Secretario da AGAM.
Punto 5.- Informe de Tesourería da AGAM.
Punto 6.- Rogos, Preguntas e Proposicións.
AGAM_Xunta Xeral Ordinaria 2011